Nalgunhas ocasións as personaxes non actúan de xeito individualizado senón que adquiren o papel do coro teatral grego e se moven como unha masa uniforme. A función coral está presente sobre todo no conto O fidalgo onde vemos que na maioría das ocasións ten como finalidade salientar a admiración que provoca a personalidade de don Xohán na colectividade: “A exclamación na voz do pobo e na envexa do señorío vai dicindo moitas leguas á redonda: –¡Que gran cabaleiro, que gran cabaleiro...!”.

Mensagem mais recente Mensagem antiga Página inicial