Trátase dun dos contos máis breves do libro e, como o anterior, tamén dá noticia dun crime desenvolvido na aldea. Nesta ocasión, o señor Estevo dos Inxertes quérese vingar do Bicho, co que perdeu un preito por causa dunha serventía. Mais Estevo non está só, conta cun axudante verdadeiro autor do asasinato, o Etelvino. O silencio de complicidade co que os dous homes preparan o homicidio contribúe maxistralmente a aumentar unha tensión narrativa que vai in crecendo ata o último parágrafo nun estupendo exemplo práctico de como no conto a tensión debe chegar envolver todas as palabras ata o remate e que sen dúbida lembra as producións de Rafael Dieste.

Mensagem mais recente Mensagem antiga Página inicial