Otero ofrécenos aquí o último dos grandes retratos do libro, dirixido ao Froitoso das Chairas. Xa desde neno esta personaxe amosa unha crueldade que, co paso do tempo, fará del un esfolador implacable que só atopa pracer arrincando a pel das súas vítimas. A prosa neste conto avanza lixeira cara ao final na descrición caricaturesca e hiperbólica da traxectoria vital do único protagonista verdadeiramente malo do libro. A historia chega ao clímax co asasinato dunha nai e dúas fillas para lles arrincar a pel, máxima expresión do sadismo do protagonista e que vai seguida dun momento anticlimático recollido nos dous últimos parágrafos nos que, xa vello, percorre o barrio xudeu na procura de alguén que pague algo polo seu propio pelello.

Mensagem mais recente Mensagem antiga Página inicial