A criada narra a emigración dunha moza da aldea, a Balbina, cara á cidade para entrar a traballar no servizo doméstico, e o ascenso social que experimenta. A Balbina vai subindo todos os chanzos na aprendizaxe do oficio ata entrar na casa brasonada dos arcos, representante da máis vella liñaxe compostelá. Unha vez alí, namora a Paulos, un mozo totalmente afogado polo ambiente familiar, e escapan xuntos á aldea para viviren nun pazo da familia del. Transcorre a vida e ela afidálgase esquecendo as súas formas iniciais mentres el se converte nun señorito.
O conto estrutúrase en catro partes:

  1. Na primeira Balbina abandona a casa paterna e chega a Santiago sendo case unha nena inocente.
  2. A segunda céntrase no oficio do servizo doméstico, primeiro en xeral e despois na protagonista.
  3. A terceira parte está dedicada á permanencia na casa brasonada dos arcos e remata coa fuxida dos namorados cara a un pazo na aldea.
  4. A cuarta parte, que funciona a xeito de epílogo, trasládanos á vellez da protagonista para nos dar conta da súa evolución e, á vez, altera o que podía ter sido un desenlace feliz.

Mensagem mais recente Mensagem antiga Página inicial